ESCOLAS OBRADOIROS , CASAS DE OFICIOS
OBRADOIROS DE EMPREGO
Que son?
Se
tes interese en poder participar nun obradoiro de emprego, escola
obradoiro ou casa de oficios, solicita na túa oficina de emprego
que che activen o servizo.
En
caso de dúbida sobre se podes ter dereito a participar neles ou si
resultan axeitados no teu caso particular, lembra que dende o servizo
de orientación laboral poden axudarte na túa toma de decisión.
As
Escolas Obradoiro e as Casas de Oficios son centros de traballo e
formación nos que mozos e mozas desempregados reciben formación
profesional ocupacional en alternancia coa práctica profesional
(traballo en obra real), co fin de que ó seu término estean
capacitados para o desempeño axeitado do oficio aprendido e sexa
máis fácil o seu acceso ó mundo do traballo.
Os colectivos
deben cumprir os seguintes requisitos:
- Estar inscrito na oficina de emprego como desempregado
- Non ter cumprido os 25 anos e ser maior de 16 años.
Os
Obradoiros de Emprego están incluidos dentro das medidas de apoio á
creación de emprego e se configuran como un programa mixto de
emprego e formación dirixido a desempregados de vinte e cinco ou
máis anos. Os traballadores participantes adquiren formación
profesional e práctica laboral mediante a realización de obras ou
servizos de utilidade pública ó interés social relacionados con
novos xacementos de emprego, posibilitando a súa posterior inserción
laboral tanto por conta allea como mediante a creación de proxectos
empresariais ou de economía social.
Seguindo a mesma
filosofía do Programa de Escolas Obradoiro e Casas de Oficios, os
proxectos de Obradoiros de Emprego son promovidos por entidades
públicas ou privadas sen ánimo de lucro (Órganos , Organismos
Autónomos e outros Entes Públicos da Administración Xeral do
Estado e das Comunidades Autónomas; Entidades Locais e os seus
organismos Autónomos; Entidades con competencias en materia de
promoción de emprego, dependentes de Entidades Locais e con
titularidade íntegra correspondente a estas; Consorcios;
Asociacións; Fundacións e outras Entidades sen ánimo de
lucro).
Tamén coa mesma metodoloxía integradora que o
Programa de Escolas Obradoiro e Casas de Oficios, os Obradoiros de
Emprego realizan obras ou servizos de utilidade pública ou social
que posibilitan ós traballadores participantes a realización dun
traballo efectivo que, xunto coa formación ocupacional recibida,
relacionada con dito traballo, procura a súa cualificación
profesional e favorece a súa inserción ou reinserción laboral.
Ditas obras ou servizos están relacionadas con novos xacementos de
emprego, como servizos de utilidade colectiva, servizos de ocio e
culturais e servizos personalizados de carácter cotián.
Simultaneamente coa formación e a experiencia proporciónase
orientación e asesoramento e información profesional e empresarial.
Que ofrecen?
Ós
participantes como alumnos/as:
- Formación profesional nunha especialidade.
- Práctica e experiencia profesional nas ocupacións nas que se formen.
- Formación xeral para alcanza-los niveis de educación obrigatoria, no seu caso.
- Información sobre técnicas de procura de emprego e orientación laboral.
- Formación sobre autoemprego e creación de pequenas empresas.
- Formación en prevención de riscos laborais.
- Módulo de alfabetización informática.
Ós
directores, docentes e persoal de apoio:
- Un traballo atractivo relacionado coa formación da mozidade e a recuperación do seu contorno.
- Experiencia laboral e acceso ó primeiro emprego para moitos titulados.
- Reinserción laboral a profesionais cualificados en desemprego e que desexen adicarse a áreas de formación profesional.
- Perfeccionamiento técnico e formación en metodoloxía didáctica.
Ó
entorno no que se desenvolven:
- Recuperación e posta en valor de espazos rehabilitados.
- Promoción de actividades de servizos relacionadas coa terceira idade e grupos desfavorecidos.
- Integración da mozidade na súa contorna social e fixación da poboación.
- Dinamización social da súa zona de influencia, potenciando recursos xeradores de emprego.
Duración e contidos
As
Escolas Obradoiro teñen unha duración de entre un e dous anos
e constan de dúas etapas:
- Na primeira, os alumnos reciben formación profesional teórico práctica, así como os coñecementos necesarios para evitar os riscos laborais no traballo. Durante este período reciben unha axuda económica en concepto de bolsa de formación.
- Na segunda, os alumnos traballadores subscriben un contrato de traballo para a formación coa entidade promotora, polo que reciben o 75% do salario mínimo interprofesional vixente cada ano, realizan un traballo de utilidade pública e social e continúan co proceso formativo iniciado na primeira parte.
As
Casas de Oficios teñen unha duración dun ano e constan de dúas
etapas:
- Na primeira, de seis meses, os alumnos reciben formación profesional teórico práctica, así como os coñecementos necesarios para evitar os riscos laborais no traballo. Durante este período reciben unha axuda económica en concepto de bolsa de formación.
- Na segunda, de seis meses, os alumnos traballadores suscriben un contrato de traballo para a formación coa entidade promotora, polo que reciben o 75% do salario mínimo interprofesional vixente cada ano, realizan un traballo de utilidade pública e social e continúan co proceso formativo iniciado na primeira parte.
Os
Obradoiros de Emprego teñen unha duración mínima de 6 meses e
máxima de 1 ano.
Unha vez transcorrido o prazo concreto de
duración previsto na resolución aprobatoria do proxecto, enténdese
finalizado o Obradoiro de Emprego, polo que os contratos celebrados
nunca poden exceder o tempo máximo de duración do
proxecto.
Durante o desenvolvemento do Obradoiro de Emprego,
os traballadores participantes, ademais de subscribir un contrato coa
Entidade Promotora desde o seu inicio, reciben una formación
profesional ocupacional adecuada á ocupación a desempeñar, en
alternancia co traballo e a práctica profesional.
O tempo
adicado á formación teórica é computado a tódolos efectos, como
xornada efectiva de traballo.
VIDIO:
TALLER DE EMPLEO DE ARNILLA |
Ir a enlace:https://emprego.xunta.gal/portal/es/