Mostrando entradas con la etiqueta SEPE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEPE. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de julio de 2016

RESÚMEN E REFLEXIÓN DO MÓDULO 1 Sari Costas


MÓDULO 1, Marco Conceptual: Resúmen e Reflexión 


Tratáronse 5 Temas +Taller "O Ecosistema TIC" por Carlos Parada 

       T 1. Marco de Referencia da Orientación Laboral ( Mª Teresa Deus /Margarita 

              Valcarce)

       T 2. O Mercado Laboral ( Fernando Luis Agulló L./ Mª Teresa Deus T.)

       T 3. Certificación Formación Profesional ( Elena González de la Cámara )

       T 4. Política Social e Unión Europea ( Laura Otero/Mª Teresa Deus Trasobares)

       T 5. A Iniciativa emprendedora  forma de Acceso ao Mercado Laboral.(Fernando L.

              Agulló)




Carlos Parada, Mª Teresa Deus e Fernando Luis Agulló, docentes   no curso Ponte e no Posgrao 




TEMA 1. Marco de Referencia da Orientación Laboral



No  tema 1 tratáronse 3 importantes epígrafes :

1- Sistema Nacional de Emprego 

Integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e os Servizos de Emprego das comunidades autónomas. Os órganos do sistema Nacional de Emprego son:
a) A Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais e
b) O Consello Xeral do Sistema Nacional de Emprego 

1.1. 0 Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE)
Se lle encomenda a ordenación, desenvolvemento e seguimento dos programas e medidas de Políticas de  Emprego e está composto por:
  • Uns Servizos Centrais
  • Unha rede territorial de 759 Oficinas distribuidas en 52 provincias do estado español desde
    as que se xestionan as prestacións por desemprego mediante a atención presencial.
  • Un espazo web.(http://www.sepe.es/) desde o que se accede a in formación a a servizos de emprego e prestacións.
Os destinatarios dos servizos son:
  • Persoas traballadoras, tanto desempregadas como en activo.
  • Persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio.
  • Empresas
1.2. O Servizo Público de Emprego de Galicia (http://emprego.xunta.es/)
É a estructura política dependente da Xunta de Galicia que reúne dun modo integral e coordinado a todas aquelas unidades da administración autonómica que prestan servizos ou exercen funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego, dentro do marco territorial da comunidade autónoma de Galicia. 

As competencias de Emprego repártense así:

  • Lexislación laboral, bases e planificación xeral da actividade económica: EXCLUSIVA DO ESTADO.
  • Políticas Pasivas de Emprego ( todo o referente ás prestacións e subsidios pordesemprego.): EXCLUSIVA DO ESTADO
O desenvolvemento e execución das Políticas Activas de Emprego: COMETENCIA TRANSFERIDA A GALICIA DESDE O ANO 1997.
O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das comunidades Autónomas, forman o sistema Nacional de Emprego. Desde esta estructura estatal promóvense, deseñan e desenvolven medidas e accións para o emprego, cuxa execusión é descentralizada axustada ás diferentes realidades territoriais.

2.  Marco Actual da Política de Emprego en España

A política de emprego é o conxunto de actuacións que toman os poderes públicos co obxectivo de alcanzar o pleno emprego ou, cando menos, corrixir os principais desequilibrios do mercado de traballo. E temos que distinguir entre:

1- Políticas Activas de Emprego ( conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación que teñen por obxectivo mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas no mercado  de traballo, por conta propia ou allea....) 

2- Políticas Pasivas de Emprego (cuxo obxectivo principal é a protección por desemprego atendendo a situación de necesidade que se produce cando unha persoa traballadora, con capacidade para traballar e con intención de facelo, non pode prestar os seus servizos no mercado de traballo por distintas circunstancias...)

En definitiva consiste nunha substitución de rendas destinadas a manter o nivel de ingresos das persoas desempregadas.        
A reforma do mercado laboral articula unha serie de medidas urxentes adicionais de fomento da contratación e a creación de emprego, entre outras e distintos tipos de contratos e medidas para procurar un incremento de contratos de traballo, especialmente de emprego xuvenil. 

Acompetencia lexislativa en materia laboral corresponde ao Estado, segundo establece o art. 149.1.7 da Consitución española, sen prexuizo da sua execución polas Comunidades Autónomas.


 3. A Política de Emprego en Europa


- A Estratexia Europea de Emprego 2020 proporciona un marco- o Método Aberto de coordinación, (MAC), que permite aos paises da UE compartir información e debater e coordinar as súas políticas de emprego.
Cada ano, os gobernos dos paises membros, a través do Comité de Emprego, e as institucións europeas elaboran o denominado paquete de medidas de emprego, formado por :
  • Directrices de Emprego.
    - Programas Nacionais de Reforma.
  • Informe conxunto sobre o Emprego
  • Recomendación específica para cada país.
  • Evolución social e de Emprego en Europa.
Ámbitos de desenvolvemento das políticas activas de emprego: Son os estados Membros
  • Directrices aos Estados Membros.
  • Os Estados Membros reciben estas Directrices a Proposta da Comisión, etc....
  • Prioridades da Estratexia 2020 : pretende ser un revulsivo á crise e preparar a Europa para o
    futuro.
  • Obxectivos da estratexia 2020:
        - O 75% da poboación entre 20-64 anos deberá estar empregada.
        - O 3% do PIB da UE debería ser investido en I+D.
        - O risco de pobreza debería ameazar a 20 millóns de persoas menos, etc....
Financiamento : Determínase unha estratexia Común entre os Estados ( FEDER, FSE)


 Margarita Valcarce espuxo o tema:  

 Orientación para a igualdade e a inclusión  sociolaboral. 

A orientación laboral con colectivos en risco de exclusión fronte o traballo .
A Orientación Laboral  integra todas as actuacións de apoio na procura de emprego as persoas demandantes., podendo destacar prioritariamente a Escoita Activa, Diagnóstico Inicial, Información, Asesorammento, Orientación e Motivación. 
     

                                                Orientador= Facilitador
                       
Relatóunos a necesidade e importancia da Orientación Laboral , xa hoxe en día, un gran número de persoas necesitan:
  • Un mayor acompañamento
  • Servizos accesibles máis personalizados
  • Axudas a medio plazo
  • Axudas a Mulleres en precariedade
  • Manter a motivación a persoas en desemprego de larga duración
  • Contar con apoio tutorial continuado
  • A Inclusión-Exclusión social: Proceso mediante o cal os individuos ou grupos son total ou parcialmente  excluídos  dunha participación plena na sociedade na que viven? (European Foundation, 1995 p.4). Tal proceso, oposto ao de ¿inclusión social?, dá lugar a unha privación múltiple, que se manifesta  nos planos económico, social e político.


TEMA 2 . O Mercado Laboral



Neste tema, entre outros temas, trátase dos importantes cambios sufridos no mercado laboral ao longo da historia, cambios que os economistas han intentado estudar para intentar paliar o acuciante problema do “paro” e diferenciando entre dúas escolas que son a clásica e a keynesiana.
O mercado estructúrase sempre pola converxencia de dous feitos : a oferta e a demanda. A súa evolución é o resultado de dúas variables : a oferta de traballo e a demanda de traballo e ambos son os elementos que compoñen o mercado de traballo.
- A oferta de traballo. O mercado de traballo refírese á poboación activa, cuxa definición e compoñentesquedan especificados, para o caso de España, na EPA ou Enquisa de Poboación Activa e outros documentos estatísticos.

                Oferta de traballo = poboación activa
                                         = ocupados+parados

A oferta de traballo está determinada por catro factores fundamentales:

1.Factores demográficos
2.Factores sociais e culturais
3.Fluxos de entrada e saída de emprego
4, Fluxos de entrada e saída da poboación activa.

A oferta dependerá do número de persoas maiores de 16 años. Neste sentido dependerá tanto do crecemento natural da poboación como dos fluxos migratorios.

-A Demanda de Traballo

A demanda no mercado de traballo representa a cantidade de traballadores que as empresas ou empregadores están dispostas a contratar. A interación de ambos, determinan os salarios no mercado 
O  Goberno Prorroga o Programa de Activación para o Emprego  (abril,2016) decrecente en función do número de traballadores contratados e de que no caso de que os salarios sexan moi altos haberá menos empresas dispostas a operar no mercado por cuestión de rendabilidade.

En sentido contrario, nun mercado no que os salarios son baixos, pódese contratar a máis traballadores aínda que estes produzan menos cantidade de bens no mesmo tempo.

A curva da demanda de traballo ten unha pendente negativa e a da oferta de traballo ten unha pendente positiva. O equilibrio ven determinado polo cruce das dúas curvas.


                                   

Pero o mercado de traballo está cambiando, tende á súa profesionalización, e as competencias que as empresas demandan dos seus traballadores aumentan.
Todo iso, entre outros factores, favoreceu o aumento da desigualdade, poñendo en risco de exclusión social a colectivos que anteriormente non o estaban. Para loitar contra esta situación é necesario a coordinación das institucións, organismos e políticas  de emprego desde o ámbito europeo ata o autonómico. Sen esquecernos da esfera local, a máis próxima aos/as cidadanos/as.

Xogando un papel fundamental os fondos europeos. Así o FSE financia as ferramentas necesarias pasra que esta situación de risco de exclusión desaparezaca e se  dote a estes colectivos das ferramientas necesarias para lograr a súa inserción social e laboral.

Por iso Margarita Valcarce relatóunos sobre a Orientación para a igualdade e a inclusión sociolaboral.  A orientación laboral con colectivos en risco de exclusión fronte o traballo entre outras cousas.


TEMA 3. Certificación e Formación Profesional



Elena González de la Cámara Cayuela falounos de Cualificación fronte a Competencia , o seu marco conceptual, a estructura da cualificación profesional, a unidade de competencia e a sua estructura, o módulo formativo e a sua estructura, o Sistema Nacional de Cualificacións, o Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais, o Instituto Nacional das Cualificacións (INCUAL ), o Instituto Galego das cualificacións, das vantaxes da Formación Profesional, a súa estrutura, modalidades, requisitos de acceso aos diferentes ciclos , etc. 

Así mesmo relatounos todo sobre os Certificados de Profesionalidade , cualificación e competencias, competencias crave, acreditación laboral a través da vía da experiencia laboral e as distintas maneiras de obtelos e os seus respectivos requisitos.
Ao falar de formación Profesional fíxose necesario falar de Administración Educativa e de Administración Laboral, repasando o sistema educativo e a súa normativa , facendo referencia a LOMCE, a Lei 30/2015 de 9 de setembro pola que se regula o Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral entre outras …

  •  Introdución á plataforma MOODLE do CIXUG

Sen olvidar tamén, pola importancia que ten, o traballo de Introdución á Plataforma Moodle do CIXUG e os aspectos técnicos básicos de configuración do equipo.
 Elaborado pola Secretaria Técnica= Xavier Santos ?.

E por suposto  importantísimo o Taller 1: O Ecosistema TIC impartido por Carlos Parada Gandos .
Crearonse perfís en plataformas e en redes sociais: Twitter, Plataforma Google+, Bloger, Drive, Storify, Tagxedo ...
Os coñecementos adquiridos fixeron posible que, ao longo das sesións se fixera un percorrido (individual e en grupos) polo marco conceptual da Orientación Laboral facendo práctica cas técnicas e ferramentas comentadas na aplicación das TICs, e fora compartido e visible nas redes sociais, a través de Twitter e a etiqueta  #POLAB16
         
         
      Clase docente : Carlos  Parada Gandos
                  


TEMA 4. Política social e de emprego na Unión Europeo 


Para frear o paro e favorecer o crecemento do emprego, tanto, a unión europea como o Goberno de España puxeron en marcha unha serie de políticas de emprego, algunhas tratadas no tema 1 e outras neste tema 4.



                                        Mª Paz del Moral sobre el Programa de Activación para el Empleo



É importante que saibamos cales son as actuacións de cada un deles.
  • A Unión Europea coordina e supervisa as políticas nacionais, impulsa o intercambio de boas prácticas en materia de emprego, pensións, pobreza, exclusión social e supervisa e lexisla a aplicación normativa nos ámbitos de dereito de traballo e seguridade social.
  • Europa limítase a apoiar e complementar os seus esforzos financeiramente.
  • Os gobernos nacionais son os responsables principais das políticas sociais e de emprego.
  • A Unión Europea impulsa medidas para a creación de postos de traballo, a dinamización e equilibrio de de os mercados laborais, así como a supervisión das políticas de emprego, levada a cabo polos paises membros da UE partindo da Estratexia de crecemento Europa 2020 e a Estratexia Europea de Emprego.

En materia de emprego as Institucións e Organismos Comunitarios son :

Comisión Europea
. Emprego , Asuntos Sociais e Inclusión.
. Fondo Social Europeo
Parlamento Europeo
. Comisión de Emprego e Asuntos Sociais
Consello dá Unión Europea
. Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores
Comité Económico Social Europeo
. Sección de Emprego, Asuntos Sociais e Cidadanía



TEMA 5. A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.

    É importante que saibamos cales son as actuacións de cada un deles.
    • A Unión Europea coordina e supervisa as políticas nacionais, impulsa o intercambio de boas prácticas en materia de emprego, pensións, pobreza, exclusión social e supervisa e lexisla a aplicación normativa nos ámbitos de dereito de traballo e seguridade social.
    • Europa limítase a apoiar e complementar os seus esforzos financeiramente.
    • Os gobernos nacionais son os responsables principais das políticas sociais e de emprego.
    • A Unión Europea impulsa medidas para a creación de postos de traballo, a dinamización e equilibrio de de os mercados laborais, así como a supervisión das políticas de emprego, levada a cabo polos paises membros da UE partindo da Estratexia de crecemento Europa 2020 e a Estratexia Europea de Emprego.

    En materia de emprego as Institucións e Organismos Comunitarios son :

    Comisión Europea
    . Emprego , Asuntos Sociais e Inclusión.
    . Fondo Social Europeo
    Parlamento Europeo
    . Comisión de Emprego e Asuntos Sociais
    Consello dá Unión Europea
    . Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores
    Comité Económico Social Europeo
    . Sección de Emprego, Asuntos Sociais e Cidadanía

    O Modelo CANVAS:

    Alexander Osterwalder (2011) propuxo unha ferramenta cualitativa mediante a cooperación de 47o profesionais de 45 paises e utilizando a innovación aberta, sirve para confeccionar deseños empresariais modelos de negocio), denominada " Modelo CANVAS". Este a partir da idea, permite confeccionar modelos propios de desenvolvemento de negocio e validar as súas posibilidades de éxito.   Basease en catro cestións: ¿Cómo?, ¿Qué?, ¿Quen? e ¿Canto?


    Un dato importante a ter en conta á hora de emprender unha actividade é se podemos contar con apoio familiar.


  Docente; Fernando Luis Agulló Leal      

                    Modelo Canvas | Cómo aplicar el modelo Canvas en el lienzo | Ejemplo práctico

                   
                                           O Lienzo  do Método  CANVAS de  Paula.Olga-Yoli e Sari




        Deberíase:
  • Transmitir o valor do emprendemento como forma de acceso ao mercado laboral
  • Canalizar o talento das persoas cara o emprendemento e o emprendemento social
  • Satisfacer as expectativas da persoa emprendedora ao pedir que lle orienten no proceso de crear a súa empresa
  • Propiciar que se materialicen proxectos viables e sostibles que contribúan á creación de riqueza, de postos de traballo e ao benestar social

   REFLEXIÓN PERSOAL

O desemprego e a flexibilidade laboral son novas conxunturas que fixeron necesaria a figura do Orientador Laboral.
Hoxe en día o Mercado de Traballo é moi variable e sensible a calquera factor social, económico ou político. Estamos nunha sociedade de globalización e comunicación sen límirtes e as pequenas e medianas empresas están obrigadas a renovarse continuamente pois o contrario significaría desaparecer. Estes cambios de actividade, de produto ou servizo, e de traballadores son constantes. Tanto é así que, segundo algunhas estatísticas o traballador de hoxe en día, como media, cambia de empresa ou ocupación ao longo da súa vida, entre 5 e 10 veces ( persoalmente atrévome a dicir que nalgúns casos esas cifras pódense multiplicar por 2,3 ou 4).

Vivimos un panorama que resulta bastante caótico para quen se atopa en situación de procura de emprego. Por todo iso faise necesario introducir un elemento estabilizador e canalizador da dinámica laboral. Os Servizos Públicos de Emprego e os seus Orientadores Laborais cumpren este papel desde hai bastante tempo., xa en 1978 se creaó o Instituto Nacional de Emprego, e entre as súas funcións estaba a de axudar aos traballadores para atopar emprego.

Anos máis tarde a Lei Básica de Emprego fala xa de crear programas específicos destinados a fomentar a colocación de traballadores con dificultades de inserción.
Coa publicación da Orde 68/90 do 9 de marzo, na que se fala de concesión de axudas para a realización de accións de información profesional, orientación profesional e procura activa de emprego?, co obxecto de que sexan outras as entidades que leven a cabo este labor.

A norma tamén require a existencia de expertos para realizar as accións a desenvolver cos desempregados. Podemos considerar este momento como punto de partida da posterior e paulatina configuración da figura o Orientador Laboral. En leste mesmo ano a Clasificación Nacional de Ocupacións o INEM recolle xa a ocupación de Orientador Profesional.

Por todo o devandito e desde a miña experiencia profesional e, con outros orientadores/as hai uns perfís profesionais e titulacións que se fan necesarias e impóñense como básicas, pola súa capacitación e preparación para realizar con maior eficacia, eficiencia e con maior prognóstico de éxito....a orientación laboral con todo tipo de colectivos. Ademais deberán ser persoas con moita sensibilidade, con empatía , resistencia, resilencia..... que teñan as competencias e habilidades necesarias para desempeñar esta  bonita e polifacética profesión. Tamén deberán ser profesionais polivalentes e en constante reciclaxe e actualización, todo iso en pro do traballo ben feito e para alcanzar os obxectivos que se pretenden  coa actividade da orientación laboral.


                               

                       Orientación Laboral  para jóvenes en tiempos de crisis D Miguel Bonet Angrarill


PARA SABER MÁIS: 


martes, 26 de julio de 2016

REFLEXION MODULO 1 Paula Penas


MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL  

 O Sistema Nacional de Emprego é o conxunto de estruturas, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver as políticas de emprego. Está integrado polo Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas.

 O SEPE encárgase da creación, desenvolvemento e seguimento das políticas de emprego. As políticas pasivas de emprego son competencia exclusiva do Estado, mentres que o Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG) está a cargo do desenvolvemento e execución das políticas activas de emprego.

  No ano 2012 aprobouse a ley 3/2012 de 6 de xullo de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral que pretendía favorecer o emprendemento e a creación de emprego. Os instrumentos que utiliza o estado español para favorecer unha política integral de emprego (desenvolvemento de programas e medidas que pretenden a consecución do pleno emprego ) son:
 - Estratexia Española de Activación para o Emprego, que cumpre un papel vertebrador das estratexias individuais dos distintos servizos de emprego das CCAA no referente á intermediación entre a oferta e a demanda e ao deseño e xestión das políticas activas.A actual é a Estratexia 2014-2016.
 - Plans Anuais de Políticas de Emprego (PAPE), financiados tanto con fondos estatais como con recursos propios. O último aprobado é o PAPE 2015 que ten, entre outros, o obxectivo de impulsar a empregabilidade dos mozos e poñer en marcha o Plan de Implementación do Programa de Garantía Xuvenil, impulsar o emprendemento, favorecer a empregabilidade de maiores de 55 anos, beneficiarios do programa Prepara ou desempregados de longa duración.
 - o Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego, que se organizan nunha estructura informática integrada e compatible que integran a información relativa á intermediación laboral e da xestión das políticas de emprego.

  A Unión Europea elabora unha estratexia común a todos os estados menbros en materia de emprego. A Estratexia 2020 ten como prioridades, entre outras: 
 - o 75% da poboación entre 20 e 64 anos debería estar empregada.
 - o 3% do PIB da UE debería ser investido en I+D.
 - a porcentaxe de abandono escolar debería ser inferior ao 10% e polo menos o 40% dos xóvenes debería ter estudos superiores.

  A UE financia estas políticas a través do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural) e o FSE (Fondo Social Europeo), que axuda, entre outras, á orientación das persoas desempregadas.





O MERCADO LABORAL 

 O mercado laboral estructurase pola converxencia de dous factores: a oferta e a demanda.

 A oferta de traballo refírese á poboación activa, composta polos ocupados mais os parados. A demanda de traballo é a cantidade de traballadores que as empresas están dispostas a contratar. A interacción de ambos determina os salarios no mercado laboral.




 Seguindo as teorías clásicas, o funcionamento do mercado de traballo e a rixidez dos salarios á baixa son a causa do paro. En cambio, os seguidores de Keynes, cren que a causa do paro é a insuficiente demanda agregada da economía que mentres non crezca, non se demandará mais traballo.

 Hay catro tipos de paro:
 -Estructural .- desaxuste entre oferta e demanda de traballadores
 -Friccional.- traballadores que buscan cambiar de emprego, considéranse en paro temporalmente.
 -Cíclico.- o tipo mais nocivo de desemprego.
 -Estacional.- depende da época do ano, é propio de empregos con tempadas "altas" e "baixas".




 O mercado laboral actual é moi dinámico e cambiante. Para un orientador laboral é fundamental coñecer o mercado laboral da zona e o comportamento das ocupacións para tomar a mellor decisión en relación so obxectivo profesional que se busque. Para isto contamos con:
- o Observatorio Ocupacional do SEPE.- analiza a situación, transformación e tendencias do mercado de traballo.
 - o Observatorio Ocupacional do SPEG.- proporciona información sobre demandas, ofertas, ocupacións e cambios nos perfís profesionais de acord coa oferta de traballo.
 - o Observatorio Europeo do Emprego.- proporciona información sobre as políticas de emprego e as tendencias do mercado de traballo na UE.
 - a prospección do mercado de traballo.- análise do mercado laboral en colaboración cos empresarios e axentes sociais.



CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL 

 Hay que distinguir entre:
 - CUALIFICACIÓN.- conxunto de competencias profesionais que poden ser adquiridas a través da formación ou da experiencia.
 - COMPETENCIA.- conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da producción e o emprego.




 O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional persegue identificar cales son as competencias requeridas para o emprego. O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais é o instrumento que ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación.

Organízanse en:
 - 26 familias profesionais
 - 5 niveis de cualificacións

Cada cualificación organízase, a súa vez, en unidades de competencia,que son o mínimo de competencias profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación parcial. Cada unha destas unidades de competencia leva asociado un módulo formativo onde se describe a formación necesaria para adquirir esa unidade de competencia.

Cando un traballador reúne todas as unidades de competencia adquiridas ben por experiencia profesional ou por formación, pode conseguir a acreditación da cualificación completa mediante un título de FP ou un Certificado de Profesionalidade.





POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UE

 A UE e os gobernos dos estados membros comparten a responsabilidade nas políticas de emprego. A actual estratexia de emprego da UE impulsa medidas para crear postos de traballo, dinamizar e equilibrar os mercados de traballo e supervisar as políticas de emprego a través de:
 - paquete de medidas para o emprego.- conxunto de medidas para impulsar a creación de postos de traballo.
 - medidas para fomentar o emprego xuvenil.- por exemplo, o Plan Operativo de Garantía Xuvenil.
 - iniciativa Europa 2020.- en materias de emprego, asuntos sociais e inclusión.




 A política de emprego foi un dos acenos de identidade da UE dende os seus comenzos. Os principais organismos en materia de emprego son:
 - Comité de Emprego.- prepara os traballos do Consello en relación á Estratexia Europea de emprego e os seus instrumentos.
 - Cumio Social Tripartito para o crecemento e o emprego.- garante unha participación eficaz dos interlocutores sociais nas políticas económicas e sociais da UE.

 Unha das liberdades fundamentais da UE é a libre circulación de traballadores. Esto implica que os cidadáns da UE teñen dereito a:
 - buscar emprego noutro país da UE.
 - traballar nun país membro sen necesidade de ter permiso de traballo.
 - residir noutro país membro por motivos de traballo.
 - permanecer no mesmo cando deixen de traballar.
 - recibir o mesmo trato en canto a acceso ao emprego, condicións de traballo e vantaxes sociais e fiscais que os cidadáns dese país.

 Para facilitar información, asesoramento e procura de emprego a traballadores e empresarios, creouse a rede EURES. Hai 850 conselleiros EURES en toda Europa, que cumpren unha misión especialmente importante nas rexións transfronterizas, xa que proporcionan asesoramento e orientación sobre os dereitos e obrigas dos traballadores que traballan nun país e viven noutro.



 A UE financia as políticas de emprego mediante:
 - FSE (Fondo Social Europeo).- que pretende promover o emprego e o desenvolvemento dos RRHH na UE, contribuíndo a correxir o desequilibrio entre as rexións mais ricas e as menos favorecidas para conseguir a cohesión económica e social nos países da UE.
 A estratexia de emprego e os orzamentos do FSE decídense entre os estados membros, o Parlamento e a Comisión, elaborando programas operativos de 7 anos de duración. Os fondos do FSE están cofinanciados polos estados membros. Algunhas das áreas apoiadas polo FSE son:
 - mulleres e emprego
 - loita contra a discriminación
 - traballo en asociación
 - mellores servizos públicos
 - proxectos e redes transnacionais
 - FEAG (Fondo Europeo de Adaptación á Globalización).- axuda aos traballadores a atopar emprego e desenrolar novas competencias. Financian medidas como:
 - orientación laboral
 - asistencia na procura de emprego
 - titoría
 - formación e reciclaxe personalizados
 - promoción do emprendemento
 É unha axuda puntual, individual e de duración limitada.
 - EASI ( Programa para o Emprego e a Innovación Social).- programa para promover un alto nivel de calidade e de emprego sostible, garantir unha protección social adecuada, loitar contra a exclusión social e a pobreza e mellorar as condicións de traballo. EASI é xestionada directamento pola Comisión. Reúne tres programas:
 - PROGRESS.- encargado do emprego, en especial o desemprego xuvenil, as condicións laborais e a protección social e prevención da pobreza.
 - EURES
 - MICROFINANCIAMENTO PROGRESS.- favorece o emprendemento social e os microcréditos para grupos vulnerable e microempresas.



A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL



 As condicións específicas da contorna para emprender estiman que o contexto segue a ser pouco favorable. O financiamento e a ausencia dunha cultura emprendedora de base son dous dos obstáculos á hora de emprender. Para que nos convirtamos nun país de emprendedores, é recomendable:
 - mellorar a falta de acceso ao financiamento.
 - reducir os trámites para crear unha empresa.
 - implantar no modelo educativo materias que fomenten o espírito emprendedor.
 - formación específica que proporcione mecanismos para recoñecer oportunidades.
 Segundo o CIS, o 90% dos mozos españois rexeita a idea de converterse en emprendedor.

 O propio modelo productivo español, baseado na construcción e na hostelería, é en parte responsable da destrucción de emprego que trouxo a crise. É pois, necesario cambiar o sistema productivo para lograr unha economía sustentable e respetuosa co emprego e a dignidade do traballo, que cree riqueza, e que esta riqueza se reparta de forma equitativa e socialmente eficiente.
 Fomentar o autoemprego e a creación de empresas debe ser unha das tarefas a realizar para que tal cambio se produza.

 Nas empresas da denominada Economía Social priman as persoas sobre o capital: cooperativas, sociedades laborais, centros de inserción, confrarías de pescadores, fundacións...É difícil precisar o impacto destas empresas na nosa economía, xa que os seus efectos enmárcanse mais no ámbito da utilidade social que non se ten en conta para o PIB nin para outro tipo de macroeconomías. Na Estratexia 2020 considérase a este tipo de empresas un aliado na súa política de emprego e remarca a súa importancia na creación de emprego local.

 Os tres elementos esenciais para a creación dunha empresa son:
 - a idea.- o proceso que permite detectar unha oportunidade
 - a persoa empregadora .- a persoa que tivo a idea de emprender
 - o plan de empresa.- documento onde se plasman as reflexións para converter a idea nun proxecto empresarial concreto.

O modelo CANVAS é unha ferramenta que sirve para confeccionar modelos de negocio. Permite elaborar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.




Hai catro fases no proceso de creación dunha empresa:
 - xestación.- cando a persoa emprendedora concibe a idea ou especula con por en marcha unha empresa.
 - análise.- estudar todos os aspectos da idea inicial para convertela nunha oportunidade. Para isto elaboraremos o plan de empresa.
 - posta en marcha.- crear a empresae comenzar a actividade.
 - consolidación .-cando se supera a fase de posta en marcha e introducción no mercado.

A labor do orientador é guiar, respetar á persoa e as súas ideas, escoitar e opinar sen prexuicios, ser positivo e empático, facilitarlle ao emprendedor o acceso ás fontes de información...e recoñecer as nosas propias limitacións recomendando a utilización de servizos doutros profesionais.



PARA SABER MAIS

 -SEPE
 -SPEG
 -INCUAL
 -INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS
 -ESTRATEGIA EMPLEO 2014-2020
 -EURES



A MIÑA REFLEXIÓN PERSOAL

 España foi un dos países mais afectados pola crise. Segundo os expertos, a culpa é, principalmente, do noso modelo productivo, baseado na hostelería e a construcción.

  Se queremos aprender desta situación, a solución está clara: hay que cambiar o noso modelo productivo. Se queremos ser competitivos e subirnos ao tren das mellores economías do mundo, temos que investir en tecnoloxía, innovación, I+D...se queremos...porque ¿é o que estamos a facer? non o creo. Seguimos a ser un país de albaneis e camareiros.

 Non é fácil cambiar o "chip", pero precisamos facelo senón queremos seguir a ser un país de traballadores pouco cualificados. Hay unha solución contra a baixa cualificación: a FORMACIÓN. Un país que invirte na formación dos seus cidadáns é un país que mira cara a unha economía sostible e non a unha economía de subsistencia.