Mostrando entradas con la etiqueta BAE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BAE. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de octubre de 2020

PROXECTO DE INTERVENCIÓN ORIENTADORA




PROXECTO DE INTERVENCIÓN ORIENTADORA

  POSGRAO DE ESPECIALIDADE EN ORIENTACIÓN LABORAL



BRÚJULA ORIENTACIÓN.jpg 



 TRABALLO GRUPAL MÓDULO 3 : TEMA 11 


GRUPO 3 ORIENTANDO NO SURParticipantes:

  • Olga Carril
  • Yolanda Caamaño
  • Paula Penas
  • Ascensión Rosario Costas


Proxeto Profesional e Vital

RESUMO:

Non cabe dúbida de que a contorna sociolaboral está sometida a constantes cambios e lexislacións. Para que as persoas poidan facerlles fronte é preciso que aprendan a tomar decisións autónomas e conscientes de construir proxectos profesionais e vitais.
O acceso ao emprego e o mantemento do posto de traballo son temas de gran relevancia social. Tanto mozos que elixen ou demandan o seu primeiro emprego, persoas que abandonaron os seus postos e queren reinsertarse no mundo laboral, como as que necesitan dunha re-cualificación para o mantemento do posto, atopan serias dificultades no proceso de inserción e desenvolvemento profesional.
Con todo, existen determinados sectores de poboación, como o dos mozos, que atopan especiais barreiras que obstaculizan devanditos procesos. No traballo que segue expoñemos a necesidade de integrar unha perspectiva de axuda mediante a orientación profesional e laboral onde se teñan en conta os diferentes condicionantes que os mozos  atopan á hora do aceso ao  primeiro emprego e do mantemento do posto de traballo       
Neste artigo imos deseñar Unha Estratexia para levar a cabo unha Intervención Orientadora, realizando unha descrición técnica dun Itinerario Personalizado de Inserción (IPI), cuxa finalidade sexa fomentar devandita aprendizaxe e /ou a inserción laboral , dun mozo de 20 anos con formación en un Ciclo Superior.
O Itinerario Personalizado de Inserción defínese como o diseño, a realización e seguimento dunha secuencia concatenada de accións, destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego.
Palabras Clave: Proxecto profesional e vital, toma de decisións, proceso de orientación profesional, proceso de orientación laboral, ipi,  inserción laboral.







Empezamos por definir que é un Itinerario Personalizado de Inserción de forma xeneralizada , as fases, e a estratexia a seguir: 

 

                   itinerarios.png


O Itinerario Personalizado de Inserción


Defínese como o diseño, a realización e seguimento dunha secuencia concatenada de accións, destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego.

Fases:

  • Acollida:

A acollida realízase mediante unha entrevista persoal na que se recollen os datos fundamentais da persoa: persoais, familiares, de formación, de experiencia laboral, etc.


No caso de que a persoa non responda o perfil de entidade, é obxecto de información sobre recursos de formación e emprego e sobre todo de derivación a outras entidades que puidesen responder as súas demandas.

  •  Orientación e Asesoramento
    • Procura activa de emprego e instrumentos.
    • Desenvolvemento de aptitudes persoais para o emprego.
    • Inscricións en recursos formativos.
    • Inscricións en recursos de emprego.
    • Autovaloración: colaborar na análise das propias competencias persoais, laborais e sociais.
    • Desenvolvemento de aptitudes persoais para o emprego.
    • Información sobre o mercado de traballo.
    • Asesoramento según necesidades en  cada momento. 

  • Formación para o Emprego

Participación do orientado en accións de formación no caso de que sexa necesario.
Ademais da facilitación do acceso a cursos formativos, realizaranse funcións de acompaña- mento e seguimento das persoas inseridas en accións formativas. 

  • Intermediación Laboral

A intermediación laboral pretende romper o rexeitamento do empresariado cara a esteriotipos e colectivos desfavorecidos mediante a visita a empresas do territorio, ofrecendo unha base de datos de candidatos/as en situación de desemprego ou en mellora de emprego e un seguimento personalizado das persoas contratadas contribuíndo á adecuada adaptación ao posto de traballo.


Seguimento e Acompañamento

Sistema personalizado de acompañamento antes, durante e despois do proceso de inserción, ofrecendo itinerarios personalizados adaptados ás características de cada persoa e fomentando a súa participación ao longo de todo o proceso.
Medidas de compensación de Factores  de Exclusión


Diríxense a asegurar a igualdade de oportunidades de acceso aos itinerarios personalizados. Trátase de axudas a destinatarios/as finais ligadas á súa participación en accións de integración laboral ( accións formativas, prácticas non laborais, etc.)


As axudas adoitan incluir os seguintes aspectos:
  • Coidado de persoas dependentes.
  • Bolsas de formación.
  • Axudas á mobilidade.


 

Intervención Orientadora sobre un “Caso Real” 

Agora imos traballar sobre un caso real, e desenvolveremos  os seguintes pasos:
1.Describir o perfil do desempregado, contemplando cando menos éstes   parámetros: Sexo, Edad, cargas familiares, formación , experiencia, situación actual, etc.
2. Definir o obxectivo profesional do desempregado
3. Analizar o perfil da ocupación é o perfil do orientado.
4. Deseñar un Itinerario que contemple accións de:
  • Formación
  • Orientación para mellorar as súas posibilidades de emprego e de busca e prospección de emprego.
5. Peche do Itinerario: causa (explicación breve pero suficiente do motivo )


INTERVENCIÓN ORIENTADORA SOBRE O  CASO REAL

Fase de Acollida:

A acollida realízase mediante unha entrevista persoal na que se recollen os datos fundamentais da persoa: persoais, familiares, de formación, de experiencia laboral, etc.
  1. Perfil do usuario  desempregado

  • Mozo de 20 anos, sen cargas familiares ,  que vive no domicilio familiar.
  • Inscrito no Programa de garantía xuvenil
FORMACIÓN:   
  • Ciclo superior  Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluidos. CIFP Valentín Paz Andrade 2015
  • Curso básico de Prevención de riscos laborais de 45H
  • Nivel de Inglés B1 ( Escola Oficial de idiomas ) + B2 Universidade internacional Menéndez Pelayo 2016 (40 h)
  • Informática : Autocad, Coolpack, Microsoft office, Mensaxería, internet
  • Proxecto curricular na especialidade de Saxofón. Escola Municipal de Música de Moaña
EXPERIENCIA:
  • 3 Meses . Prácticas Curriculares mediante Beca Erasmus en Malta ( Tekno Airconditioning:
  • Tarefas a desempeñar:   Instalación de aire acondicionado en hotéis,  Parte electrónica e eléctrica  das instalacións.  Mantemento e refrixeración industrial.  Instalacións de chan radiais eléctricos.
SITUACIÓN ACTUAL:
  • Demandante de primer emprego
  • Parado de corta duración ( 6 meses) en procura de emprego .
  • Ten un C.V feito moi básico.
  • Na entrevista de acollida o mozo infórmanos de que non coñece ferramentas para a procura de emprego, non sabe moi ben por onde empezar unha procura efectiva . Coñece por amigos Infojobs, pero non ten perfil.
  • Ten habilidade para buscar información en Internet, xa que participou de forma activa nun proxecto de construcción dunha “ Bomba de calor por propano “, proxecto que gañou un concurso a innovación convocado pola Consellería de Cultura, Educación..
  • Busca orientación porque está un pouco perdido, polo que mostra unha escoita activa, está tomando notas, e quere definir ben o seu perfil profesional e mellorar o C.V.
  • Coñece e aporta : O folleto de FP da familia profesional “ Instalacións e mantemento”:
  • Para a procura de empresas nas que podería traballar pola súa formación.: Utiliza internet e busca pola comarca onde vive.

A continuación fixarase un itinerario e establecerase un compromiso de participación tras o cal iniciarase unha fase de seguimento e acompañamento da persoa usuaria no seu desenvolvemento de actitudes e capacidades para a procura de emprego e o emprego en si. Aínda que non sempre se conseguirá a inserción laboral estable, si pode conseguirse unha mellora da autonomia e a capacidade da persoa de continuar soa. Chegados ao este punto e tras unha análise do programa realizado e unha valoración, finalizará o itinerario.

2. Definir o obxectivo profesional da persoa demandante



O obxectivo profesional do noso demandante é  acadar un emprego acorde coa súa titulación de : Técnico en instalacións termicas e de fluídos . Polo que  tamén  terá en conta as ocupacións relacionadas co seu perfíl.


3. Analizar o perfil da ocupación é o perfil do orientado.

3.1 Perfil dá Ocupación
2016-11-07.png
Familia Profesional
Instalación e Mantemento
Cualificación de Referencia:
IMA375_3-Planificación, xestión e realización do mantemento e supervisión da montaxe de instalacións  de climatización e ventilación-extracción
IMA378_3 -Planificación, xestión e realización do mantemento e supervisión da montaxe de redes e sistemas de distribución  de fluídos.
Competencia Xeral:
Planificar, xestionar ou realizar, de ser o caso, o mantemento de instalacións de climatización, ventilación, extracción, filtración de aire e sistemas de distribución de fluídos, de acordo co regulamento e as normas establecidas e coa calidade prevista, garantindo a seguridade integral da instalación e a prevención de riscos laborais e ambientais.
Funcións:
  • Planificar o mantemento de instalacións térmicas.
  • Planificar o mantemento de redes e sistemas de distribución de fluídos.
  • Realizar e supervisar o mantemento de instalacións de climatización e ventilación extracción.
  • Realizar e supervisar o mantemento de redes e sistemas de distribución de fluídos.
Outras ocupacións e postos de traballo afíns:
  • Técnico de redes e sistemas de distribución de fluídos
  • Técnico en planificación e programación de procesos de mantemento de redes e sistemas de distribución de fluídos.
  • Responsable de programación de procesos de mantemento de instalacións térmicas (frigoríficas, caloríficas e de climatización).
  • Xefe de equipamento de mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción.
  • Xefe de equipamento de mantedores de redes e sistemas de distribución de fluídos.

Entorno  e  Requisitos Profesionais
  • Nivel formativo recomendable:
Ciclo formativo de grao superior.
  • Ámbito Profesional:
Este profesional intégrase en empresas públicas e privadas adicadas ao mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extración e filtrado de aire. A súa actividade ubícase nas áreas de planificación do mantemento de instalacións de climatización e ventiliación-extración, respondendo aos posibles requirimentos contemplados na normativa para a obtención dos correspondentes carnés profesionais.
Tamén en empresas adicadas ao mantemento de redes e sistemas de distribución de servizos e sistemas industriais de fluidos, que utilizando aire, agua, vapor  e outros fluidos, abarcan a captación, almacenaxe, bombeo, distribución e control. O desempeño dalgunha destas actividades pode requerir carné profesional expedido pola administración competente.
  • Sectores productivos:
  • Desenvolve o seu traballo  en empresas de mantemento de instalacións  de climatización e ventilación-extracción para procesos industriais, auxiliares á producción e  de edificios
Sector y subsectores de mantemento de redes e sistemas de distribución de fluidos para edificios, procesos industriais  e/o auxiliares á producción.
  • Carné profesional:    Si

  • Requisitos: Nos casos nos que as instalacións  empleen, ou esté previsto que empleen, refrixerantes fluorados, o persoal deberá de estar en posesión da certificación para este tipo de gases.

  • Normativa:
Reglamento CE nº 1005/2009 do Parlamento Europeo e do consello, de 16 de setembro de 2009; Reglamento CE nº 842/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de maio de 2006; Real Decreto 795/2010; de 16 de xuño, polo que se regula a comercializacióne manipulación de gases fluorados e  equipos basados neles.
3.2 Perfil do orientado:

Para desenvolver máis eficazmente a fase de diagnose é útil unha ferramenta que favorece á reflexión e á definición dos obxectivos: a análise DAFO, das fortalezas e debilidades para pescudar cales son os obxectivos, o que se necesita para conseguilos e as áreas persoais a traballar. 


2016-11-09.png

  • Mozo de 20 anos, sen cargas familiares , que vive no domicilio familiar.
  • Inscrito no Programa de garantía xuvenil

FORMACIÓN:   

  • Ciclo superior  Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluidos. CIFP Valentín Paz Andrade 2015
  • Curso básico de Prevención de riscos laborais de 45H
  • Nivel de Inglés B1 ( Escola Oficial de idiomas ) + B2 Universidade internacional Menéndez Pelayo 2016 (40 h)
  • Informática : Autocad, Coolpack, Microsoft office, Mensaxería, internet
  • Proxecto curricular na especialidade de Saxofón. Escola Municipal de Música de Moaña

EXPERIENCIA:

  • 3 Meses . Prácticas Curriculares mediante Beca Erasmus en Malta ( Tekno Airconditioning:
  • Tarefas a desempeñar:   Instalación de aire acondicionado en hotéis,  Parte electrónica e eléctrica  das instalacións.  Mantemento e refrixeración industrial.  Instalacións de chan radiais eléctricos.

SITUACIÓN ACTUAL:

  • Demandante de primer emprego
  • Parado de corta duración ( 6 meses) en procura de emprego .
  • Ten un C.V feito moi básico.

CONCLUSIÓN DO PERFIL DO NOSO ORIENTADO:

  • Empregabilidade do orientado: Media/Alta
  • Recen rematado o ciclo, polo que  ten os coñecementos o día
  • Motivado, porque estivo participando no proxecto gañador do concurso de Innovación organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Actitude positiva para seguir formándose.
  • Proactivo e interesado en poder atopar un traballo.
  • Autónomo na procura de información e boa destreza dixital.
  • Acostumado a traballar en grupo, participa nunha banda de música popular.
  • Foi informado pola oficina de emprego do servizo de Intermediar en Becas Feuga.

Ten expectativas de atopar un traballo a medio prazo, ou ben poder conseguir unhas prácticas en empresa a través de algunha bolsa de emprego.

Este contexto condiciona as opcións e as posibilidades de posta en marcha dun Proxecto Persoal de Inserción. Os proxectos persoais de inserción ,son os procesos de planificación de accións que a persoa debe realizar para alcanzar os obxectivos de inserción sociolaboral propostos e que se recollen nun documento de traballo que debe ser asinado pola persoa e o seu orientador.
Co fin de mellorar, según se vaya detectando, algunha destas posibles necesidades :

  • A súa empleabilidade ou a súa capacidade para inserirse no mercado laboral.
  • A súa ocupabilidade ou capacidade de adaptarse ás novas esixencias de cualificación que require o actual mercado laboral.

As accións a realizar, tendo en conta a súa situación, poderían ser :

  • Orientación: na procura activa de emprego, como desarrollar as apitudes que se teñen, asesoramento nas competencias persoais, información sobre o mercado de traballo…
  • Formación: Motivar e facilitar a participación en cursos e sesións formativas…
  • Intermediación laboral: con ofertas de emprego, intentos de favorecer a contratación, análisis dos postos de traballo, convenio de prácticas non laborais con empresas., becas Feuga, contratos de formación, etc.
  • E incluso asesoramento para o Autoemprego: a través de información sobre como facelo e asesoramento sobre as axudas existentes no momento actual.
  • Seguimento:realizaránse funcións de acompañamento e seguimento das persoas inseridas en accións formativas.
  • Se se da o caso, seguimento e un estudio sobre o proceso de inserción e das accións realizadas.

Información e firma de compromiso:

Unha vez que o usuario ten definida o seu empleabilidade, o seu perfil profesional, as súas habilidades, hai que tomar decisións en relación  co seu proceso de inserción, fixar un itinerario e asinar un compromiso de actividades e de participación en talleres ou actividades grupales se así se acorda.

4. Deseñar un Itinerario que contemple accións de:
(Formación, Orientación para mellorar as súas posibilidadesa de emprego e de busca e prospección de emprego. )


Orientación e Asesoramento :   
Establécese un compromiso de actividades consensuadas entre técnico e orientado. E acordarase seguir mantendo o contacto con entrevistas presenciais cada 2 meses, e a través de e-mail para intercambio de información e para resolver dúbidas,  cando o precisen.
             As actividades acordadas son:
  • Inscricións en recursos formativos.
  • Inscricións en recursos de emprego.
  • Desenvolvemento de aptitudes persoais para o emprego.
  • Procura activa de emprego e realización das ferramentas de BAE.
  • Asesorar e informar sobre programas específicos, de Garantía Xuvenil, etc.
Recursos Formativos:
  • Darlle a información do ISSGA para que busque cursos de prevención e que se inscriba . Necesita o PRL básico de 60 H.
Obxectivo: cumplimentar o seu perfil.

  • Precisa de carnet profesional para gases refrixerantes darlle información de onde pode atopar información.
         Obxectivo: cumplimentar o seu perfil.

  • O nivel de inglés B2 ten que acreditalo pola EOI.
         Obxectivo: Incrementar as posibilidades de atopar traballo.

  • Considerase que debe quitar o carné de conducir.-
O obxectivo é: aceptar ofertas de traballo  nas que se precise ter carné de conducir.

  • Información sobre a páxina de emprego www.emprego.xunta.es por si hai algunha formación AFD ( algún curso de eficiencia enerxética, por exemplo. O obxectivo é: complementar a súa formación e o seu perfil profesional,

Procura activa de emprego e instrumentos


      ( O técnico en orientación  poderá  facilitarlle  algún apoyo e información que necesite)
  • Buscar información en internet de polígonos industriais, asociacións empresariais, Clústers relacionadas co seu perfil profesional. Obxectivo: Inserción laboral
  • Darlle información sobre empresas de traballo temporal ETT´s. Obxectivo: Inserción laboral
  • Procura de información de organismos oficiales referente a normativas. Obxectivo: Por ao día na lexislación vixente.
  • Buscar boletíns onde saian ofertas de emprego. Proxecto iles, Porremprego, Emprego Santiago , etc…Obxectivo: Inserción laboral
  • Presentación de C.V , elaborar carta de presentación, e autocandidatura.Obxectivo: Inserción laboral
  • Ter unhas páxinas predeterminadas como favoritas onde pode obter información sobre : Bolsas, prácticas, concursos, oposicións, etc…Obxectivo: Inserción laboral
  • Intermedia en Becas Feuga. Obxectivo: Inserción laboral
  • Mobilidade laboral a través da Red Eures

Desenvolvemento de aptitudes personais para o emprego



O técnico pode proporlle participar en talleres grupais, facilitarlle de antemán as temáticas e que busque información para poder aportar no taller: Youtube pode ser unha boa ferramenta.

TALLER DE BAE ( 28 HORAS) Nº ALUMNOS:10 7 SESIÓNS DE 4h . Metodoloxía práctica ,
participativa e expositiva
  • Autocoñecemento e Habilidades Sociolaborais 
  • Competencias para o emprego.
  • Ferramentas e estratéxias para a procura de emprego.
  • Prepararación da entrevista de traballo ( Rol Playing)
  • Como establecer contactos e como mantelos activos. ( networking)
Obxectivo: Conseguir unha entrevista laboral cuyo fin último sea a inserción

Chegados a este punto é a hora de facer unha prospección laboral, o que implica os pasos seguidos neste esquema:

5. Peche do Itinerario: causa
O mozo consigue unhas Prácticas non laborais, como Técnico de Mantemento de Instalacións Térmicas, nunha empresa onde se presentou a súa autocandidatura,
Previamente deraselle información sobre esta empresa e ditas prácticas.Tamén él informouse a través de do programa de Garantía xuvenil e polo portal de Xunta de Galicia , www.emprego.xunta.es
Como orientadoras informamos, antes de comenzar , en que consisten ditas prácticas e as condicións, informndolle sobre os aspectos laborais , a alta especial na Seguridade Social., etc…
Ácordamos que: nos poñeremos en contacto coa empresa para facer un seguimento do desenvolvemento labroral e profesional do noso orientado, e ir comprobando se unha vez rematadas ditas prácticas hai algunha posibilidade de contratación.

En caso contrario, o mozo pasará pola oficina de emprego para avaliar a experiencia adquirida, resolver calquer dúbida, valorar os logros e os cambios producidos durante o itinerario, falar das perspectivas de futuro e decidir se da por finalizado o proceso.

                       








PARA SABER MÁIS :