sábado, 10 de septiembre de 2016

    

ORIENTANDO NO  SUR    

                                        REFLEXIÓNS SOBRE O MÓDULO 1

                                                                                                          
                       

        MODELO DE NEGOCIO. O MÉTODO CANVAS
        Relator: Fernando Agulló Leal . 22 de Xullo do 2016

1.- FUNDAMENTOS:

Sesión adicada ao emprendemento. Na primeira parte Fernando expuso os contidos teóricos falando sobre os elementos necesarios na creación dunha empresa: a idea (¿qué?), o plan de empresa (¿cómo?) e os motivos (¿quén e porqué?) centrándose principalmente no plan de empresa. Despois do descanso a sesión tornouse práctica, fixemos grupos de traballo para elaborar un xogo de simulación emprendedora utilizando o método CANVAS, que é unha ferramenta moi útil para confeccionar diseños empresariais. Tivemos que converternos en emprendedores e idear un proxecto de empresa. Ao final da xornada todos os grupos demos a coñecer aos demais as nosas ideas de negocio.

2.- DESARROLLO DA SESIÓN                     

A sesión desarrollada sobre Modelo de Negocio "método CANVAS ” despertou o interés e a atención de todos os participantes. Nisto tivo que ver o interés na temática a tratar e a metodoloxía empregada, xa que a sesión tivo  unha parte teórica e unha parte práctica.

Parte teórica:


Identificamos os elementos esenciais para a creación dunha empresa. Ter a IDEA  e respostar a pregunta “que”?  o plan de empresa e respostar a pregunta “como”?  e os MOTIVOS para   “quen”? e o “por que”? convertese na base de toda creación ou materialización de toda iniciativa emprendedora.

A iniciativa emprendedora xorde nas persoas creativas e entusiastas, as cales son capaces de darlle forma ao concepto da idea da empresa, convertela nunha oportunidade e levala a cabo.
O importante para que a idea se materialice nunha oportunidade de negocio é o POR QUE ( ter madeira de emprendedor, detectar unha oportunidade, autoempregarse…)


Para darlle forma a idea, valémonos do plan de empresa, que nos obriga a reflexionar e plasmar  as cuestións mais significativas da nova empresa, examinar a súa viabilidade e desenvolver as estratexias necesarias para converter a oportunidade de negocio nun proxecto empresarial.

Entre os contidos do plan de empresa citamos: Estudo de mercado, Plan comercial, Plan de organización e RR.HH

A hora de confeccionar un plan de empresa, debemos rexirnos por un decálogo de actuación, onde se respecte  a persoa emprendedora, a súa idea e proxecto, a opinión obxectiva sobre o modelo de negocio, a confidencialidade,  a discrección,...


Como simulación do plan de empresa, seguimos o modelo de negocio CANVAS. Este modelo permitenos a partires dunha idea, confeccionar modelos propios de desenvolvemento de negocio e validar as súas posibilidades de éxito.


Parte práctica:

Partimos dunha dinámica grupal, para convertemos en emprendedores. A nosa área de negocio  é unha empresa chamada REINÍCIATE que se adicará a elaboración e venta de comida para veganos, vexetarianos e con inquietudes en xeral pola alimentación  e o culto ao corpo?




A idea  xorde valorando a situación de mercado actual e polo interés en darlle cobertura a persoas con estas inquietudes , e poder facilitarlle  a súa dieta alimentaria no día a día.

Para a elaboración do plan de empresa  utilizamos o método CANVAS, tratando  de describir a oportunidade de negocio en mente, examinado, mediante cuestións a súa viabilidade.

No noso suposto empresarial  tratamos de dar respostas as seguintes cuestións:   
       
-Aliados Clave:proveedores, canles de comunicación, entidades financieiras, redes sociais …
-Actividades Clave: elaboración do producto, venta e distribución, mantemento do local…
-Recursos Clave: verduras e legumes ecolóxicos, sementes de cultivos locais, leite ecolóxica
-Propostas de Valor: tarxeta de fidelización, talleres de cociña, satisfacer certas demandas
-Relación cos Clientes: persoal, cercana, ambiente familiar…
-Canles: redes sociais, prensa e radio, local fixo, local itinerante, servicio a domicilio…
-Segmentos de Cliente:persoas con intolerancia alimentaria, preocupadas pola alimentación..
-Estrucctura dos Custes:custes fixos (gastos de persoal,etc) e custes variables
-Fontes de Ingresos: ventas de comidas, talleres de cociña…


Modelo Canvas Orientando no Sur ( Paula, Yoli, Olga e Sari )

                                           STORIFY DE LA SESIÓN


3.- REFLEXIÓN / VALORACIÓN  

Para as compoñentes do grupo “ Orientando no Sur “ pareceunos unha sesión moi interesante xa que se aclararon conceptos importanteS como a diferencia entre “ persoa emprendedora“ e  “ Autónoma “. O modelo CANVAS pareceunos unha ferramenta  de traballo moi útil, sinxela no seu formato pero moi clarificadora a hora de poñer sobre a mesa a idea a emprender onde se pode reflexionar e plasmar as cuestións máis importantes, darlle forma e validar a posta en marcha, ou non, do negocio.

Creo que como orientador@s vainos ser moi útil xa que nos permite poder satisfacer, dentro dos nosos límites, as expectativas da persoa emprendedora, tendo como “máxima” o respecto a idea e á persoa que quere emprender.

Como sociedade temos unha asignatura pendente, Investigación +Desarrollo +Innovación   
 ( I+D+I ), que as empresas se involucren  no Sistema Educativo e que este fomente o emprendemento, a iniciativa individual e colectiva.
Apostar polas Enerxías renovables, empresas de economía Social, etc… para poder deixar atrás a especulación como “ modelo de negocio”.    
       

                                             
4 .-PARA SABER MÁIS:
Tipos de empresa                                                    Seguridade Social - Empresarios
Crea tu business model canvas con google docs

No hay comentarios:

Publicar un comentario