Mostrando entradas con la etiqueta CANVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CANVAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de julio de 2016

Reflexións módulo 1 Olga Carril




RESUMO MÓDULO 1 MARCO CONCEPTUAL

 

TEMA 1 Marco de referencia na Orientación laboral

 O Sistema Nacional de Emprego é quen xestiona a Orientación Laboral. O SEPE en colaboración cos distintos Servizos de emprego das CCAA (SPEG), son os que elaboran, impulsan e xestionan as propostas normativas en materia de emprego.

Cando se fala de políticas de emprego hai que distinguir entre:
  • Políticas activas: Conxunto de medidas e servizos para mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas. 
  • Políticas pasivas: Protección por desemprego.

No momento actual de grave crise económica estanse a tomar medidas urxentes para fomentar a contratación e o emprendemento ( políticas activas ) .
  • Incentivos a contratación:  ( contratos en prácticas, indefinidos iniciais, Temporais + 6meses, Formación e aprendizaxe...)
  • Reduccións/bonificacións por CC ás cuotas da S.S.
  • Autónomo, Emprendedor: Incentivos para crear o propio posto de traballo.
Todas estas medidas intentan mellorar a empregabilidade dos mozos (SNGX), mellorar a calidade da contratación, impulsar o emprendemento, mellorar a cualificación das persoas ocupadas e desempregadas ven a través da formación AFD, formación contínua, orientación laboral, estes  son obxetivos  prioritarios para o Plan Anual de politicas de emprego (PAPE) nos últimos anos.

Pero algo non está a funcionar cando seguimos tendo unha taxa de desempregados tan elevada, unha  contratación tan precaria, unha cantidade de moz@s tan ben preparados que non atopan a oportunidade de un traballo de calidade que lles permita comenzar un proxecto de vida autónoma.
Será que temos que cambiar de SISTEMA PRODUCTIVO como país, que temos que invertir en I+D+i, que temos que tomar conciencia de que coa construcción e o sector servizos non imos saír de esta crise tan grave.





 




PARA SABER MAIS:


como evoluciona o mercado laboral
Bonifiaciones de contratos

TEMA 2 O mercado laboral


O mercado laboral ten dúas variables:

  •    A oferta de traballo - Poboación activa = ocupados + parados  
  •    A demanda de traballo  =  A cantidade de traballadores que as empresas necesitan contratar. 
 



O equilibrio no mercado de traballo atópase no punto de encontro entre as dúas curvas (oferta e demanda)   Hai duas correntes de pensamento económico:
  • Escola clásica: O mercado equilíbrase por si solo ( soldos baixos , máis xente traballando).

Para esta corrente non existiria o paro si se deixara actuar libremente as dúas variables do mercado laboral. O mercado sempre axustaría a oferta a demanda de traballo mediante a baixada de salarios. Non a intervención dos sindicatos nin o regulamento do libre xogo do mercado.
  • Escola Keynesiana: A insuficiente demanda agregada da economía é a causante do paro.


Como o mercado de traballo non é flexible e está regulado para protexer a debilidade individual dos traballadores, ten que ser a demanda agregada a que tire do mercado de traballo para evitar o paro.

Demanda agregada = consumo + inversión das empresas + gasto público + (exportacións - importacións).

Efectos do paro: 
  • Perda de ingresos                                                    
  • Perda de cualificación profesional
  • Falta de autoestima
  • Aumento das prestacións por desemprego
  • Perda de capacidade productiva
  • Rómpese o estado do benestar
Cales son os indicadores do mercado laboral:
  1. Enquisa de poboación activa ( EPA ) : Obter datos da poboación en relación co mercado de traballo: ocupados, activos, parados e inactivos.
  2. Tasa de Actividade
  3. Tasa de Paro
  4. Tasa de emprego 

O mercado de traballo actual


É moi importante coñecer o funcionamento do mercado de traballo na zona onde queremos desenvolver o noso perfil profesional , coñecer como se comportan as ocupacións, que nivel de temporalidade existe nas ocupacións, flexibilidade horaría...

No mercado laboral estanse a producir unha serie de cambios nas formas e nos consumos:
  • Necesidade de adaptarse os cambios tecnolóxicos
  • Implicacións dos traballadores no funcionamento das empres
  • Aparición de novas profesións
  • Novos xacementos  de emprego  

O Servizo de Emprego Público Estatal ( SEPE) ten un Observatorio ocupacional que ten como finalidade anticiparse os novos retos e requerimentos do mercado de traballo estudando:
  • As ocupacións onde se está creando emprego
  • Propiciar novos xacementos de emprego
  • Informar e asesorar tecnicamente a entidades e xestores das políticas de emprego e formación.
  • Cooperar con outros observatorios de CCAA de da Unión Europea.

Prospección do mercado de traballo

Ten como obxetivo xeral coñecer a situación, funcionamento e tendencias do mercado de traballo para así tomar as decisións máis acertadas en relacións coas políticas activas de emprego
  • Ten que detectar, coñecer, identificar os desequilibrios entre oferta e demanda
  • Analizar os acontecementos económicos
  • Promover e organizar foros de debate
  • Garantir os fluxos de información
  • Observar os resultados das políticas de emprego
  • Analizar, procesar e viabilizar  a información
  • Difundir os resultados
  • Avaliar o método de prospección. 

PARA SABER MÁIS:

 Instituto galego de promoción económica


Tema 3 Certificación e Formación Profesional

 

Cualificación frente a competencia

  • Cualificación profesional:

    Conxunto de competencias profesionais para o emprego adquiridas mediante a formación modular ou a través da experiencia profesional
  • Competencia profesional:

    Conxunto de coñecementos e capacidades que permiten a execución de actividades profesionales conforme a esixencia de producción e do emprego.

    Unha persoa é competente cando ten unha gama completa de coñecementos e as súas capacidades no ámbito persoal, profesional ou académico están en todos os niveis,do básico ao máis alto.
    Unha persoa está cualificada cando no seu traballo obtén os resultados esperados cos recursos e o nivel de calidade debido.


En función das necesidades do mercado de traballo e das cualificacións que se precisan desenvólvense as ofertas de Formación Profesional.

Na FP están implicadas as Administracion educativa e a Administración laboral .

De onde nace a FP:


Necesidades do mercado de traballo - Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais - Catálogo modular da FP - Títulos de FP - Oferta formativa nos centros de FP

25 famílias con 3 niveis en España



Actualmente temos 25 famílias profesionais con 5 niveis de cualificación, en España só temos CB,CM,CS ( Sistema Educativo)

 
                                                                                           



   

 

    


Oferta programada polas empresas:

  • Permisos formativos retribuidos
  • Accións formativas para ocupado

Oferta programada pola Administración laboral:

  • Formación para ocupados
  • Formación para desempregados 
  • Programas específicos para persoas con NNEE 
  • Accións formativas con compromiso de contratación
  • Formación con alternancia co emprego
  • Formación a persoas con privación de libertde

      Certificados de profesionalidade

      É unha acreditación de caracter oficial das competencias profesionales que capacitan para desenvolver unha actividad laboral con independencia de como se teñan adquirido:

      • Por medio de un módulo formativo
      • Avaliación e acreditación das competencias profesionales por medio da experiencia profesional
      • Vía mixta ( formación +experiencia) O conxunto de Certificados de Profesionalidade ordenados por familias e cos niveis de cualificación constituen o Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade

    Para saber máis:

    Certificados de profesionalidade
    Catálogo nacional das cualificacións
    Instituto Galego das Cualificacións        


    Tema 4 Política social e de emprego na UE

     

    A Unión Europea e os Gobernos Nacionais comparten a responsabilidade nas políticas de emprego, asustos sociais e inclusión.

    Dende os seus orixes a UE tivo como obxetivos:

    •  reducir o desemprego
    • crear emprego de calidade
    •  reducir a fiscalidade no traballo
    •  utilizar eficazmente as subvencións ás contratacións
    •  potenciar as enerxías renovables
    • as TIC
    • a sanidade

    Estratexia de crecemento
    Unha estratexia para cremento intelixente, sostible e integrador
    1. Empregada o 75% da poboación entre 20 e 64 anos
    2. Inversión do 3% do PIB da UE en I+D+i
    3. Abandono escolar <10%, xovenes con estudos superires>40%
    4. Reducir en moitos millóns as persoas en risco de exclusión
    5. 20/20/20 ; reducir gases invernadeiros, promover enerxías renovables, aumentar a    eficiencia enerxética


    • Os cidadáns da UE disfrutan da libre circulación dos traballadores, dereito de desprazamento e residencia do traballador, dereito a entrada e residencia dos familiare e o dereito a traballar noutro Estado membro.
      Hai algunhas restricións a o dereito o emprego na Administrción Pública
      A libre circulación dos traballadores suporá a abolición de toda discriminación por razón de nacionalidade, con respecto o emprego, a retribución e as demais condicións de traballo

      • Buscar emprego noutro país
      • Sen necesidade de permiso
      • Residir noutro país por traballo
      • Permanecer no mesmo cando se deixe de traballar
      • Recibir o mesmo trato, mesmas condicións, ventaxas sociais e fiscais.

       

       

       

       

       

       

      Rede EURES

      Obxetivo é proporcionar servizos de información, asesoramento e contratación aos traballadores e empresarios, así como a calquera que desexe beneficiarse do principio da libre circulación das persoas.

      Existen conselleiros Eures en todos os países da UE, pero nas rexións transfronteirizas de Europa desempeñan un importante papel para informar e axudar a resolver os problemas que se lle poden plantexar a os traballadores que cruzan a diario as fronteiras e as empresas nas que traballan.

      Creado en 1993 Eures é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os Servizos pú
      blicos de emprego dos Estados membros do EEE e outras organizacións.

      Fondo social europeo ( FSE)

      Creado para promover o emprego e o desenvolvmento dos recursos humanos dos estados membros.


      Para saber máis:

    Fondo Social Europeo
     Empleo, Asuntos Sociales e Inclusión



    Tema 5 A iniciativa emprendedora



    En España a Tasa de Actividade Emprendedora (TAE) nunca foi moi alta con respecto a outros países da Unión Europea debido, seguramente, a falta de cultura emprendedora no noso modelo educativo, nunca tivemos unha formación específica para o emprendemento, sempre preferimos ser traballadores por conta allea ou funcionarios públicos antes que empresarios ou traballadores autónomos. Seguramente polo medo o fracaso, pola propia inseguridade e sobre todo pola falta de finanzamento e excesiva burocrácia.
    A IDEA é a razón de ser da empresa



    Debido a grave crise que estamos a sufrir moitas persoas obtaron por crear o seu propio posto de traballo ( autónomos) sen ter realmente unha idea clara nin un plan de viabilidade feitos, polo que en moitos casos esa idea non chegou a ser un futuro.

    É moi importante facer unha aclaración sobre a diferenza entre:
    • Autónomo: 

    Persoa con capacidade legal para exercer de forma habitual e por conta propia unha actividade empresarial





    • Emprendedor:


      Innovador, emprende un proxecto empresarial tras darlle forma a unha IDEA.







    Polo que o proceso máis importante para a creación dunha empresa é a REFLEXINAR sobre tres aspectos importantes:
    1. IDEA   - QUÉ?   detectar unha oportunidade e facela rendible
    2. PERSOA EMPRENDEDORA   - QUÉN e POR QUÉ? motivación, habilidades e competencias
    3. PLAN DE EMPRESA   - COMO? plasmar as reflexións para que a idea se convirta nun proxecto emprarial
    Existen ferramentas o noso alcance que axudan a enfrontar a idea de negocio.

                                 IDEA   -   MODELO DE NEGOCIO   -    PLAN DE EMPRESA

           Módelo CANVAS



    Polo tanto nós como Orientadores temos que estar moi atentos e provocar na persoa que quere emprender que sea capaz de definir claramente cal é o detonante, cal é a circunstancia que o leva a dar comenzo o proceso de emprender. Coñecer o proxecto, indagar nas súas necesidades, axudar a validar a idea e as habilidades emprendedoras.

    Unha vez posta en marcha a idea hai que titorizar o plan de viabilidade, busqueda de finanzamento, proveedores, trámites administrativos e o máis importante, a clave, é acertar na previsión de ingresos

    Unha vez posta en marcha a empresa o que nos queda e facer un seguimento para ter referencias que contar a potenciais emprendedores.

    Para saber máis:

     Emprender .es
    Oportunidades de negocio a nivel local



    Opinión persoal:


    Unha vez lídos os temas e asistido as clases presenciais dos dintintos ponentes que pasaron por este primer més de curso, chego a unha conclusión:

    Se como país non queremos que está grave crise pola que estamos atravesando se instale definitivamente para quedarse temos que cambiar de Sistema  productivo e de Sistema educativo.

    Hai que incentivar e potenciar que as empresas poidan invertir en I+D+i, que os nosos productos teñan un gran valor engadido, recuperar sectores que foron fundamentais como o Naval, o sector Pesqueiro e o Gandeiro, potenciar as empresas de novas Tecnoloxías.

    A administración ten que xestionar mellor os recursos propios e os fondos que dende Europa conseguimos que sexan realmente eficaces e que esa eficacia dure no tempo, que os traballadores sexan capaces de atopar traballos dignos, con proteccións sociais e que poidan durar non tempo.

    E a par de todo esto o cambio do Sistema Educativo fomentando dende as primeiras etapas a iniciativa, cooperación, potenciar as habilidades dos nen@s o emprendemento, educar para o éxito pero tamén educar para saber xestionar o fracaso e volver reiniciarse se é preciso.

    Implicación e colaboración das empresas na educación dos futuros profesionais coa Formación Dual, importantísima e probadamente eficaz en outros países.


    martes, 26 de julio de 2016

    REFLEXION MODULO 1 Paula Penas


    MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL  

     O Sistema Nacional de Emprego é o conxunto de estruturas, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver as políticas de emprego. Está integrado polo Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas.

     O SEPE encárgase da creación, desenvolvemento e seguimento das políticas de emprego. As políticas pasivas de emprego son competencia exclusiva do Estado, mentres que o Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG) está a cargo do desenvolvemento e execución das políticas activas de emprego.

      No ano 2012 aprobouse a ley 3/2012 de 6 de xullo de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral que pretendía favorecer o emprendemento e a creación de emprego. Os instrumentos que utiliza o estado español para favorecer unha política integral de emprego (desenvolvemento de programas e medidas que pretenden a consecución do pleno emprego ) son:
     - Estratexia Española de Activación para o Emprego, que cumpre un papel vertebrador das estratexias individuais dos distintos servizos de emprego das CCAA no referente á intermediación entre a oferta e a demanda e ao deseño e xestión das políticas activas.A actual é a Estratexia 2014-2016.
     - Plans Anuais de Políticas de Emprego (PAPE), financiados tanto con fondos estatais como con recursos propios. O último aprobado é o PAPE 2015 que ten, entre outros, o obxectivo de impulsar a empregabilidade dos mozos e poñer en marcha o Plan de Implementación do Programa de Garantía Xuvenil, impulsar o emprendemento, favorecer a empregabilidade de maiores de 55 anos, beneficiarios do programa Prepara ou desempregados de longa duración.
     - o Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego, que se organizan nunha estructura informática integrada e compatible que integran a información relativa á intermediación laboral e da xestión das políticas de emprego.

      A Unión Europea elabora unha estratexia común a todos os estados menbros en materia de emprego. A Estratexia 2020 ten como prioridades, entre outras: 
     - o 75% da poboación entre 20 e 64 anos debería estar empregada.
     - o 3% do PIB da UE debería ser investido en I+D.
     - a porcentaxe de abandono escolar debería ser inferior ao 10% e polo menos o 40% dos xóvenes debería ter estudos superiores.

      A UE financia estas políticas a través do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural) e o FSE (Fondo Social Europeo), que axuda, entre outras, á orientación das persoas desempregadas.





    O MERCADO LABORAL 

     O mercado laboral estructurase pola converxencia de dous factores: a oferta e a demanda.

     A oferta de traballo refírese á poboación activa, composta polos ocupados mais os parados. A demanda de traballo é a cantidade de traballadores que as empresas están dispostas a contratar. A interacción de ambos determina os salarios no mercado laboral.




     Seguindo as teorías clásicas, o funcionamento do mercado de traballo e a rixidez dos salarios á baixa son a causa do paro. En cambio, os seguidores de Keynes, cren que a causa do paro é a insuficiente demanda agregada da economía que mentres non crezca, non se demandará mais traballo.

     Hay catro tipos de paro:
     -Estructural .- desaxuste entre oferta e demanda de traballadores
     -Friccional.- traballadores que buscan cambiar de emprego, considéranse en paro temporalmente.
     -Cíclico.- o tipo mais nocivo de desemprego.
     -Estacional.- depende da época do ano, é propio de empregos con tempadas "altas" e "baixas".




     O mercado laboral actual é moi dinámico e cambiante. Para un orientador laboral é fundamental coñecer o mercado laboral da zona e o comportamento das ocupacións para tomar a mellor decisión en relación so obxectivo profesional que se busque. Para isto contamos con:
    - o Observatorio Ocupacional do SEPE.- analiza a situación, transformación e tendencias do mercado de traballo.
     - o Observatorio Ocupacional do SPEG.- proporciona información sobre demandas, ofertas, ocupacións e cambios nos perfís profesionais de acord coa oferta de traballo.
     - o Observatorio Europeo do Emprego.- proporciona información sobre as políticas de emprego e as tendencias do mercado de traballo na UE.
     - a prospección do mercado de traballo.- análise do mercado laboral en colaboración cos empresarios e axentes sociais.



    CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL 

     Hay que distinguir entre:
     - CUALIFICACIÓN.- conxunto de competencias profesionais que poden ser adquiridas a través da formación ou da experiencia.
     - COMPETENCIA.- conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias da producción e o emprego.




     O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional persegue identificar cales son as competencias requeridas para o emprego. O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais é o instrumento que ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación.

    Organízanse en:
     - 26 familias profesionais
     - 5 niveis de cualificacións

    Cada cualificación organízase, a súa vez, en unidades de competencia,que son o mínimo de competencias profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación parcial. Cada unha destas unidades de competencia leva asociado un módulo formativo onde se describe a formación necesaria para adquirir esa unidade de competencia.

    Cando un traballador reúne todas as unidades de competencia adquiridas ben por experiencia profesional ou por formación, pode conseguir a acreditación da cualificación completa mediante un título de FP ou un Certificado de Profesionalidade.





    POLÍTICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UE

     A UE e os gobernos dos estados membros comparten a responsabilidade nas políticas de emprego. A actual estratexia de emprego da UE impulsa medidas para crear postos de traballo, dinamizar e equilibrar os mercados de traballo e supervisar as políticas de emprego a través de:
     - paquete de medidas para o emprego.- conxunto de medidas para impulsar a creación de postos de traballo.
     - medidas para fomentar o emprego xuvenil.- por exemplo, o Plan Operativo de Garantía Xuvenil.
     - iniciativa Europa 2020.- en materias de emprego, asuntos sociais e inclusión.




     A política de emprego foi un dos acenos de identidade da UE dende os seus comenzos. Os principais organismos en materia de emprego son:
     - Comité de Emprego.- prepara os traballos do Consello en relación á Estratexia Europea de emprego e os seus instrumentos.
     - Cumio Social Tripartito para o crecemento e o emprego.- garante unha participación eficaz dos interlocutores sociais nas políticas económicas e sociais da UE.

     Unha das liberdades fundamentais da UE é a libre circulación de traballadores. Esto implica que os cidadáns da UE teñen dereito a:
     - buscar emprego noutro país da UE.
     - traballar nun país membro sen necesidade de ter permiso de traballo.
     - residir noutro país membro por motivos de traballo.
     - permanecer no mesmo cando deixen de traballar.
     - recibir o mesmo trato en canto a acceso ao emprego, condicións de traballo e vantaxes sociais e fiscais que os cidadáns dese país.

     Para facilitar información, asesoramento e procura de emprego a traballadores e empresarios, creouse a rede EURES. Hai 850 conselleiros EURES en toda Europa, que cumpren unha misión especialmente importante nas rexións transfronterizas, xa que proporcionan asesoramento e orientación sobre os dereitos e obrigas dos traballadores que traballan nun país e viven noutro.



     A UE financia as políticas de emprego mediante:
     - FSE (Fondo Social Europeo).- que pretende promover o emprego e o desenvolvemento dos RRHH na UE, contribuíndo a correxir o desequilibrio entre as rexións mais ricas e as menos favorecidas para conseguir a cohesión económica e social nos países da UE.
     A estratexia de emprego e os orzamentos do FSE decídense entre os estados membros, o Parlamento e a Comisión, elaborando programas operativos de 7 anos de duración. Os fondos do FSE están cofinanciados polos estados membros. Algunhas das áreas apoiadas polo FSE son:
     - mulleres e emprego
     - loita contra a discriminación
     - traballo en asociación
     - mellores servizos públicos
     - proxectos e redes transnacionais
     - FEAG (Fondo Europeo de Adaptación á Globalización).- axuda aos traballadores a atopar emprego e desenrolar novas competencias. Financian medidas como:
     - orientación laboral
     - asistencia na procura de emprego
     - titoría
     - formación e reciclaxe personalizados
     - promoción do emprendemento
     É unha axuda puntual, individual e de duración limitada.
     - EASI ( Programa para o Emprego e a Innovación Social).- programa para promover un alto nivel de calidade e de emprego sostible, garantir unha protección social adecuada, loitar contra a exclusión social e a pobreza e mellorar as condicións de traballo. EASI é xestionada directamento pola Comisión. Reúne tres programas:
     - PROGRESS.- encargado do emprego, en especial o desemprego xuvenil, as condicións laborais e a protección social e prevención da pobreza.
     - EURES
     - MICROFINANCIAMENTO PROGRESS.- favorece o emprendemento social e os microcréditos para grupos vulnerable e microempresas.



    A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL



     As condicións específicas da contorna para emprender estiman que o contexto segue a ser pouco favorable. O financiamento e a ausencia dunha cultura emprendedora de base son dous dos obstáculos á hora de emprender. Para que nos convirtamos nun país de emprendedores, é recomendable:
     - mellorar a falta de acceso ao financiamento.
     - reducir os trámites para crear unha empresa.
     - implantar no modelo educativo materias que fomenten o espírito emprendedor.
     - formación específica que proporcione mecanismos para recoñecer oportunidades.
     Segundo o CIS, o 90% dos mozos españois rexeita a idea de converterse en emprendedor.

     O propio modelo productivo español, baseado na construcción e na hostelería, é en parte responsable da destrucción de emprego que trouxo a crise. É pois, necesario cambiar o sistema productivo para lograr unha economía sustentable e respetuosa co emprego e a dignidade do traballo, que cree riqueza, e que esta riqueza se reparta de forma equitativa e socialmente eficiente.
     Fomentar o autoemprego e a creación de empresas debe ser unha das tarefas a realizar para que tal cambio se produza.

     Nas empresas da denominada Economía Social priman as persoas sobre o capital: cooperativas, sociedades laborais, centros de inserción, confrarías de pescadores, fundacións...É difícil precisar o impacto destas empresas na nosa economía, xa que os seus efectos enmárcanse mais no ámbito da utilidade social que non se ten en conta para o PIB nin para outro tipo de macroeconomías. Na Estratexia 2020 considérase a este tipo de empresas un aliado na súa política de emprego e remarca a súa importancia na creación de emprego local.

     Os tres elementos esenciais para a creación dunha empresa son:
     - a idea.- o proceso que permite detectar unha oportunidade
     - a persoa empregadora .- a persoa que tivo a idea de emprender
     - o plan de empresa.- documento onde se plasman as reflexións para converter a idea nun proxecto empresarial concreto.

    O modelo CANVAS é unha ferramenta que sirve para confeccionar modelos de negocio. Permite elaborar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.




    Hai catro fases no proceso de creación dunha empresa:
     - xestación.- cando a persoa emprendedora concibe a idea ou especula con por en marcha unha empresa.
     - análise.- estudar todos os aspectos da idea inicial para convertela nunha oportunidade. Para isto elaboraremos o plan de empresa.
     - posta en marcha.- crear a empresae comenzar a actividade.
     - consolidación .-cando se supera a fase de posta en marcha e introducción no mercado.

    A labor do orientador é guiar, respetar á persoa e as súas ideas, escoitar e opinar sen prexuicios, ser positivo e empático, facilitarlle ao emprendedor o acceso ás fontes de información...e recoñecer as nosas propias limitacións recomendando a utilización de servizos doutros profesionais.



    PARA SABER MAIS

     -SEPE
     -SPEG
     -INCUAL
     -INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS
     -ESTRATEGIA EMPLEO 2014-2020
     -EURES



    A MIÑA REFLEXIÓN PERSOAL

     España foi un dos países mais afectados pola crise. Segundo os expertos, a culpa é, principalmente, do noso modelo productivo, baseado na hostelería e a construcción.

      Se queremos aprender desta situación, a solución está clara: hay que cambiar o noso modelo productivo. Se queremos ser competitivos e subirnos ao tren das mellores economías do mundo, temos que investir en tecnoloxía, innovación, I+D...se queremos...porque ¿é o que estamos a facer? non o creo. Seguimos a ser un país de albaneis e camareiros.

     Non é fácil cambiar o "chip", pero precisamos facelo senón queremos seguir a ser un país de traballadores pouco cualificados. Hay unha solución contra a baixa cualificación: a FORMACIÓN. Un país que invirte na formación dos seus cidadáns é un país que mira cara a unha economía sostible e non a unha economía de subsistencia.